jueves, 12 de marzo de 2015

Amanda Díaz imparte unha charla sobre violencia de xénero

Amanda Díaz
Hai unhas semanas contamos coa presenza de Amanda Díaz, presidenta da asociación Enriqueta Otero, asociación de mulleres lucenses contra a violencia de xénero, para impartir unha charla sobre a violencia de xénero na biblioteca do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

A charla baseouse na curtometraxe 'El orden de las cosas' (A orde das cousas), onde está moi ben reflictida a violencia de xénero e o calvario que sofren moitas mulleres polo maltrato dos seus maridos. Tamén critica o modelo de familia tradicional, onde o home predomina sobre a muller e debe ser o que mande e tome as decisións importantes (de aí ven o título) Tamén denuncia o sufrimento do fillo (Marquitos), cuxa infancia vese estragada polo maltrato físico e psicolóxico do pai (Marcos) á súa nai e decide marchar da casa. Úsanse símbolos coma o cinto (simboliza o maltrato físico), e a porta sempre aberta (o control). Ademais, é impactante a actitude que amosan outras persoas que chegan á casa, homes coas súas respectivas mulleres, que lle aconsellan a Marcos que sexa máis duro e inflexible con Julia. 

Por último, a muller (Julia) aparece no mar, primeiro baixo a auga e despois saíndo a flote e chegando á area da praia, e deixando unha bañeira na area xunto a moitas outras, que simbolizan o peso do maltrato, e a acción de saír a flote simboliza que é posible unha vida sen malos tratos e lonxe do marido maltratador. 

A charla foi moi interesante e entretida, xa que nos axudou a ver o que sofren moitas mulleres e axuda a poñerse na pel delas, e a entender que o maltrato pode afectar a máis persoas ca a muller, o que simboliza o fillo. Contar cunha experta como Amanda, psicóloga, e cun máster relacionado coa violencia de xénero, fixo que comprenderamos mellor o vídeo e o tema da violencia de xénero.  

Aquí podes ler unha entrevista a Amanda na web de 'La Voz de Galicia'. 

A continuación, podes ver a curtometraxe: 'El orden de las cosas' (en castelán)